Unha moción do BNG promove a creación dunha comisión municipal, integrada por diversos colectivos, para coordinar a atención que se lle preste ás persoas refuxiadas que cheguen ata a vila.

 

O pleno da corporación municipal de Allariz aprobou o pasado venres a moción presentada polo BNG por una acollida digna das persoas refuxiadas e polo fin das guerras imperialistas de USA e UE.

A moción ademais de solicitar e reclamar á UE a adopción de medidas inmediatas de axuda e acollida dos refuxiados e a promoción activa do fin da guerra e da intervención occidental en Siria, promove o impulso da creación dunha comisión municipal, aberta a entidades, colectivos, asociacións e particulares para coordinar a cooperación municipal coas posibles persoas refuxiadas que se acheguen ata Allariz.

Para a creación desta comisión as persoas interesadas poden anotarse na área de Benestar Social no Fogar dos Maiores (A Barreira) ou na Casa do Concello (Praza Maior), ou solicitar máis información nos teléfono 988 554 059 (Fogar dos Maiores) e 988 440 001 (Casa do Concello).