Presentacion homenaxe a Los Suaves

Os membros da banda de rock serán nomeados amigos predilectos do barrio.

 O barrio de San Francisco homenaxeará a Los Suaves durante as súas festas. Os membros da banda de Rock serán nemomeados amigos predilectos do barrio. San Francisco estará en festas durante os días 2, 3 e 4 de outubro. Será o último día das mesmas, domingo 4, cando teña lugar a homenaxe. Devandita homenaxe constará dun festival no que máis de 10 grupos serán os que toquen cancións da formación ourensá máis internacional.

Grupos de Ourense -e galegos- e os grupo tributo de Los Suaves, Gato Negro (Sevilla) e Pardao (Madrid) estarán presentes nesta cita ineludible para os incondicionais de Yosi e os seus compañeiros. O festival contará coa colaboración especial de Montxo Costoya (ex de Los Suaves) quen subirá ao escenario con algunha das formacións que participen.

O concerto comezará ás 16.30 horas e a entrada será de balde. O escenario estará instalado na rúa Pena Trevinca. As bandas que tocarán clásicos dos homenaxeados son: Bergallazo, Derroche Panic & Gravity, The Jocker, Poesídos e 80 voltios, de Ourense; Licor Café Rock Band, de Lugo; Calle del ruído, de Pontevedra e os citados Gato Negro (Sevilla) e Pardaos (Madrid). Aínda falta a confirmación de tres grupos máis (que están no aire a súa presenza), que son Tabú, La Sombra e Konflikto.
Non está previsto que actúen Los Suaves, pero quen sabe se non subirán xunto aos outros grupos a tocar todos xuntos durante uns minutos, coma xa fixeran hai anos nun anterior concerto tributo.

Escultura
A homenaxe incluirá a entrega á banda dunha escultura realizada en bronce polo artista ourensán Tony Ferrer. O acto de entrega será durante o festival contra ás nove da noite. Serán os propios integrantes da banda os que recollan a escultura.