Haberá artistas chegados de Bolivia, Colombia, México e Portugal.

Ourense acollerá os vindeiros 2, 3 e 4 de outubro o VI Encontro Internacional de Poesía, unha actividade organizada polo Círculo Poético Ourensán e na que colaboran o Concello de Ourense e a Deputación Provincial. O programa de actividaes foi presentado na sala Ángel Valente coa presenza de Belén Iglesias, concelleira de Cultura, Manuel Doval, o deputado provincial ao cargo da área de Cultura, e José Ramón Fernández Morgade en representación do Círculo Poético Ourensán.

No certame participarán artistas de Portugal -Ana Paula Mabrouk e Rita Capucho-, Bolivia -Pura Rodríguez Leyton-, Colombia -Winston Morales- e México Carlos Ruvalcaba ou Belén Ceja, que participou na presentación das actividades-, pero tamén están incluídos os escolares da cidade que participaron no IV Concurso de Poesía para alumnos de Primaria e ESO da cidade.

O programa de actividades comeza o venres e contará con visitas aos centros de ensino, así coma un espectáculo poético na praza de San Martiño ás 20:00 horas. Igualmente, esta edición contará con grupos convidados: a rondalla Alecrín, La Dama de Gris da ourensá Belén Monís, así como os artistas Fernando Gabelo e o mago Alejandro Pereira.