As xornadas impartiranse na Aula CeMIT da Casa da Xuventude todos os venres e sábados.

Este mes de outubro, “Verín Hacklab” retoma o seu laboratorio tecnolóxico. Coma sempre, as xornadas impartiranse, na Aula CeMIT da Casa da Xuventude do Concello de Verín, todos os venres (en dous grupos de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20 :00 horas) e os sábados (en dous grupos de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas).

Verín Hacklab ofrece actividades como creación de xogos con programas como o SCRATCH, deseño de pezas e figuras en 3D, mantemento de equipos e electrónica, charlas sobre os perigos e a violencia nas redes sociais, uso de móbiles e aplicacións e robótica educativa.

“Verín Hacklab” é un espazo de encontro, propio para nenos de entre 10 a 16 anos, onde poden disfrutar de múltiples opcións de ocio tecnolóxico, o que posibilita a autoaprendizaxe e a coaprendizaxe entre iguais, así como tamén potencia as súas habilidades sociais e tecnolóxicas.

As aulas e os seus responsables contan con ferramentas tecnolóxicas para o traballo colaborativo, ademais do acompañamento de expertos, que lles axudarán no deseño e posta en marcha dos proxectos.

Os interesados en ampliar información ou en inscribirse poden facelo na Casa da Xuventude (988 41 47 78) ou na escola de Familia (988 41 14 68)