Este 6 de outubro, representantes das forzas de seguridade darán consellos para previr roubos, maltrato e desmais agresións que están a sufrir as persoas maiores.

Este martes 6 de outubro, ás 18:30 horas , terá lugar unha charla informativa do «Plan Mayor Seguridad» no Salón de actos da Casa da Cultura de Verín, impartida por representantes dos corpos e forzas de seguridade de Ourense responsables deste proxecto.

A conferencia versará sobre as pautas de conduta que se aconsellan para previr aqueles actos delituosos que con frecuencia se están a cometer contra os maiores en ámbitos do fogar, vía pública, entidades bancarias e en internet.

A charla está dirixida a toda a poboación en xeral.