Impartirase o próximo 15 de outubro e a participación no mesmo precisa de inscrición previa.

 

A AECT – Eurocidade Chaves-Verín organiza o próximo 15 de outubro unha acción de formación sobre “Agricultura e Ambiente no Val do Támega”, que terá lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín, entre as 16: 30 e as 20:30 horas (hora local).

As marxes do río Támega están incluídos na Rede Natura 2000 na parte española, pola importancia dos seus bosques de Ribeira, das formacións de vexetación aquática, así como pola fauna asociada. Por este motivo, o obxectivo desta acción de formación é sensibilizar a sociedade en xeral sobre os efectos que os diferentes usos do chan, a xestión dos recursos hídricos e as prácticas agrícolas poden ter sobre o ambiente natural do Val do Támega. Da mesma forma, serán destacados os valores ambientais deste espazo natural e serán dadas a coñecer as actividades desenvolvidas dentro do proxecto “Valorización ambiental do corredor ambiental do río Támega – VALTAMEGA”.

A acción é gratuíta, pero os interesados deberán inscribirse previamente nos teléfonos 0034 669 235 209 / 00351 912 789 821 ou por correo electrónico info@eurocidadechavesverin.eu.