Está aberto o prazo de inscrición para a tempada 2015-2016, con propostas como danza oriental, bailes urbanos, acrosport ou kárate.

 

O Concello de Verín abríu o prazo de inscrición para os seus cursos deportivos infantís, nos que se impartirá psicomotricidade, danza oriental, bailes urbanos e moito máis.

A actividade de “Pequexogos”, dirixida a nenos de 3 anos, impartirase martes e xoves de 18:15 a 19 horas, no Ximnasio do Pavillón Central. Psicomotricidade, para rapaces de 4 e 5 anos, contará con dous grupos, un con clases os luns e mércores, e o outro os martes e xoves; ambos serán de 17:30 a 18:15 no Ximnasio do Pavillón Central.  Acrosport, para rapaces de 6 a 14 anos, será martes e xoves no Frontón do Pavillón Central, cun grupo de iniciación de 18:15 a 19:15 horas, e outro de nivel avanzado, de 19:15 a 20:15 horas.  Danza oriental infantil, para rapaces de 6 a 10 anos, impartirase os xoves, de 19 a 20 horas, no Ximnasio do Pavillón Central. Haberá clases de bailes urbanos (zumba, hip-hop, popping, funky e cramp), para rapaces de entre 6 e 14 anos, martes e xoves na Piscina Cimatizada – Sala 1; cun grupo de infantil en horario de 17:30 a 18:15 horas e outro xuvenil de 18:15 a 19 horas. A actividade de “Pequebaile”, impartida por A.D.S Muévete en positivo, está enfocada a nenos de entre 3 e 5 anos, e será os mércores, en horario de 18:15 a 19 horas, no Ximnasio do Pavillón Central. E kárate, impartido pola Escola de Kárate Renbukai, tará lugar os luns e mércores (en horario de 18:15 a 19 horas) e venres (de 17:30 18:30 horas) no Ximnasio do Pavillón Central.

Inscrición e prezos
Os interesados en inscribirse poden facelo no pavillón de deportes. Os cursos precisaran un número mínimo de 8 alumnos inscritos para que teñan lugar. Os prezos xerais (salvo kárate, danza priental e Pequebaile, que teñen tarificación mensual) será de 56,50 euros para os empadroados en Verín e 70,60 euros para os non empadroados.