A Escola Rural de Saúde da Limia organiza os próximos 7 e 8 de outubro un obradoiro sobre ambos temas para saber como actuar en caso de atoparnos cunha emerxencia ou os tratamentos que requiren.

 

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá os días 7 e 8 de outubro (de 16 a 20 horas) un obradoiro sobre enfermidades do corazón e o aparato circulatorio, organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia e impartido polo cardiólogo e cirurxián vascular Luis Suárez.

Segundo a OMS a maiorías das enfermidade cardiovasculares poden preverse actuando sobre os factores de risco, como son o tabaco, a mala alimentación, a obesidade, a inactividade ou o consumo de alcohol. Para coñecer os detalles o día 7 este obradoiro tratará patoloxías como o infarto, a insuficiencia cardíaca ou a arritmia, as súas causas, síntomas e que debe facer o paciente ou o familiar.

Pola súa banda, o día 8 abordaranse as patoloxías do aparato circulatorio, como as embolias e aneurismas cerebrais, trombosis ou sopros; síntomas, como actuar, tratamento e rehabilitación.