Estarán este domingo 11 de outubro, ás 12:45 horas, no Auditorio Municipal Ilduara.

 

Os irmáns animados máis famosos de Galicia visitarán Celanova, o domingo 11 de outubro, ás 12:45 horas chegarán ao Auditorio Municipal Ilduara, para amosarlle aos máis pequenos da casa o seu novo espectáculo “Os bolechas na máquina do tempo”, dirixido, especialmente, ós cativos de entre 4 a 8 anos de idade, pero que supón unha boa dose de entretemento para toda a familia.