Os populares critican que o alcalde anunciase recentemente un concruso de ideas para este proxecto, “cando o que debería estar facendo é redactar o priego de contratación dun equipo para que se encargue de realizar o Plan”.

O grupo do Partido Popular de Verín redactou o PEPRI de Verín, Plan especial de protección e reforma interior do núcelo antigo de Verín e barrio de San Lázaro, que foi aprobado no ano 2003. No mesmo xa se contemplaba na área de reparto 41 unha área de protección no contorno da igrexa Santa María A Maior, que se ía a converter nunha praza e espazo público que circundaría toda a igrexa e uniría a rúa Maior coa praza da Alameda. Dita disposición da área de reparto 41 foi consensuada nesa data co obispo de Ourense naquel entón, Monseñor D. Carlos Osoro Sierra.

Como consecuencia, os populares critican que o actual alcalde anunciase fai uns días a sinatura dun convenio de colaboración coa diócese de Ourense para realizar un concurso de ideas destinado a reordenar o contorno da igrexa parroquial, “cando o que debería estar facendo neste momento é redactar o priego de contratación dun equipo para que se encargue de realizar o novo Plan especial de protección e reforma interior do núcleo Histórico e do Barrio de San Lázaro”, reclaman. “Para contratar dito equipo o PP conseguira, a través dun convenio coa Consellería de Infraestruturas, unha axuda de 110.338 euros”, sinala o voceiro popular, Juan Manuel Jiménez. “Un novo plan do que non se fixo nada ao longo destes meses, é o que peor, que sen él non se pode realizar ningunha reordenación do contorno da igrexa parroquial tal e como anunciou Gerardo Seoane”, aclara.

Irmáns Sulleiro Martínez

Por outra banda, desde o PP de Verín congratúlase polo idea do nomeamento como fillos predilectos de Verín aos Irmáns Sulleiro Martínez (para a que votarán a favor en pleno), e lembra que foi o seu partido o que aprobou en 2013 a denominación dunha vía pública a nome de Irmáns Sulleiro Martínez, cos votos en contra do BNG e un dos edís socialistas (o outro abstívose).

“No entendemos a doble moral do PSdeG-PSOE e o BNG que votan en contra da adicación da rúa ao Irmáns Sulleiro Martínez; e sen embargo agora, e parece que por interese ou ben porque se rememorou a conversión de San Pablo no grupo de goberno, deciden rectificar e nomealos fillos adoptivos”, asegura Jiménez.