A directiva da UD Ourense busca a Unión entre todos para sacar ao equipo cara adiante na crise de resultados que ten o equipo neste inicio de competición.

Desde a directiva, e ante a mala dinámica de resultados, piden aos seareiros unión para revertir unha situación que leva ao conxunto unionista a ocupar a oitava posición con nove puntos.

O peor é a distancia cos dous primeiros clasificados (son as dúas prazas de ascenso a Primeira Autonómica); que está en nove puntos e as sensacións que desprenden os xogadores. Unha ansiedade notoria que fai que se atenacen en cada partido.

Remedio Cabaleiro
Ante a clara ansiedade dalgún dos xogadores, o doutor Cabaleiro (directivo do club unionista) decidiu facer unha visita á plantilla para transmitirlle tranquilidade e agunhas pautas para afrontar os partidos. Sendo o médico do CD Ourense, Cabaleiro vírase nunha tesitura parecida; o resultado a final de tempada fora o ascenso do conxunto «rojillo». Este ano espera repetir éxito con esta fórmula.

Caldelao
O partido da oitava xornada enfronta aos unionistas co Caldelao. Os de Castro Caldelas son décimo terceiros con dous puntos menos ca UD (sete). O único positivo que sacaron lonxe de su campo foi un empate en Trives, polo que tampouco se pode dicir que estiveran sós no derbi.

Xornada
Esta xornada destacan os partidos: Pontedeva – Amoeiro; Barra de Miño – Arnoia; Arrabaldo – Santa Teresita e Covadonga – Loñoá. O resto de encontros son o Ribadavia At. – Atl. Velle; Coles – trives; Leiro – Palmés e Cea – Melias.