Terá lugar do 26 ao 30 de outubro en Xinzo e a inscrición é gratuíta.

 

A Xunta de Galicia porá en marcha este 26 de outubro, e ata o día 30, un curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras, que se impartirá no Concello de Xinzo. Esta iniciativa está dirixida a maiores de idade, ocupados ou desempregados, relacionados co contido da mesma, que teñan residencia ou centro de traballo (actual ou anterior) nalgún dos concellos da zona. 

O número de prazas está limitado a 20. Os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto en http://issga.xunta.es/ ou no 986 783 582.