Os días 29, 30 e 31 de outubro a localidade ofrecerá pinchos especiais, discoteca móbil e obradoiros para os máis cativos, entre outras actividades.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, acompañada de representantes da a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM) presentaron un conxunto de actividades lúdicas, culturais e gastronómicas que terán lugar no denominado “Fin de Semana de Medo” que se levará a cabo os días 29, 30 e 31 de outubro para celebrar o Samaín. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Verín coa colaboración coa AEHCOM.

Emilia Somoza declarou que a posta en marcha deste evento pretende, por unha banda, incentivar a oferta de lecer do municipio e, por outro, «dinamizar o comercio mediante actividades que atraian o maior número de persoas”.

O xoves 29, de 20:00 a 00:00 horas, os locais pertencentes a Asociación de Hostaleiros de Monterrei organizarán unha xornada temática do seu Pincho Xoves denominada Pincho Medo.

Por outra parte, a música será protagonista da xornada do venres 30. De 18 a 23 horas, a Praza Maior contará cunha discoteca móbil especialmente ambientada para a ocasión.

Por último, o sábado 31 pola tarde, a partir das 17 horas, os máis pequenos poderán gozar n Praza Maior dunha unha xornada repleta de terroríficas actividades. Un posto de maquillaxe facial con aerógrafo, un taller de chapas e un teatro de títeres amenizarán a tarde dos mozos.

A partir das 23:00 horas, a Praza Maior converterase no epicentro da noite de medo. Todas as persoas que se atrevan, poderán unirse a procesión da Santa Compaña que percorrerá as rúas do Casco Vello. Durante o traxecto os asistentes vivirán arrepiantes sorpresas. O terminar o percorrido, de volta a Praza Maior, os asistentes disfrutarán cunha actuación temática moi especial. Para terminar a xornada de medo, un bruxo realizará na Praza o conxuro da queimada.