Reunión das eurocidades

Nunhas xornadas técnicas celebradas na sede da Eurocidade Chaves-Verín.

Promover a Rede de Eurocidades do Atlántico e partillar experiencias e boas prácticas foi o obxectivo que a Eurocidade Chaves-Verín adoptou para a realización das xornadas técnicas con outras eurocidades ibéricas, os pasados días 23 e 24 de outubro.

Nunha xuntanza de traballo na que participaron as eurocidades Chaves-Verin, Vasca, Elvas-Badajoz, do Guadiana e Tui-Valença analizouse a situación actual das mesmas, intercambiando experiencias sobre o modelo de gobernanza aplicado e os principais ámbitos de actuación, así como as maiores dificultades e obstáculos.

Na segunda reunión, a Eurocidade Chaves-Verin presentou unha proposta de candidatura para crear unha rede de eurocidades do Atlántico para facer máis forza na Unión Europea.

Os participantes nas xornadas tamén tiveron tempo de visitar os principais puntos de interese da Ruta Termal e da Auga, Verín-Chaves-Vidago.