Xornadas de emerxencias na Eurocidade

Conclúen este venres cun simulacro de procura e rescate de persoas desaparecidas en Laza.

A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolle este xoves e venres unhas xornadas sobre a cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias.
As xornadas enmárcanse dentro do Proxecto ARIEM 112 en materia de atención das emerxencias e protección civil no ámbito transfronteirizo de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal.

Na inauguración, a concelleira da Área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil de Verín quixo destacar a importancia destas xornadas, primeiro, “por ser unha canle de difusión e debate” e, segundo, por “ser un espazo de análise dos principais temas que afectan os más de 100 concellos de fronteira representados neste proxecto e que grazas a está iniciativa pasan a estar atendidos por mais de 1.100 efectivos contando: protección civil, grumires e bombeiros das tres rexións que o componen”.

CÁndida Couñago concluiu reiterando o “agradecemento deste Agrupamento ás autoridades, relatores, participantes e efectivos de protección civil, bombeiros e grumires de ambos os países que participan neste proxecto e contribúen á mellora da calidade de vida dos cidadáns da raia»

Ao longo dos dous días técnicos dos servizos contraincedios, dun e outro lado da fronteira, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da dirección xeral de Tráfico, do Sergas e da Axencia Galega de Emerxencias ofrecerán unha completa análise da cooperación transfronteiriza desde as diversas perspectivas dos sectores implicados.

A acción culmina o venres cun simulacro de procura e rescate de persoas desaparecidas en zona ARIEM utilizando drones nos montes de Laza.