Este venres ás 21 horas no Paco Paz o COB recibe a Burgos na novena xornada da LEB Ouro.

E o fai con dúas novidades destacadas. A primeira delas é que xogarán cunha equipación rosa e a segunda que o equipo xogará co seu novo nome.

A equipación rosa débese á colaboración que o club ten coa Asociación Española contra o Cancro. Por ese motivo neste partido os xogadores vestirán unha indumentaria de cor rosa. Este será o único encontro no que se xogue de rosa, xa que a partir do luns (e ata final de tempada) subastaranse estas camisetas. Esta iniciativa está enmarcada no «Movember» e será explicadas nos perfís das distintas redes sociais que ten o club.

A outra novidade (esta continuará ata final de campaña) e o nome do club. Pasará de chamarse Club Ourense Baloncesto a ser Ourense provincia Termal. Isto é debido á colaboración que existe coa Deputación Provincial.

Burgos
En canto ao encontro, os homes de Gonzalo García de Vitoria reciben a un Burgos que marcha sétimo na clasificación (con dúas vitorias máis que os ourensáns).

O equipo burgalés está dirixido por un dos mellores técnicos da categoría (Andreu Casadevall), e conta nas súas filas con xogadores como Rafa Huertas, Roger Fornás e Antón Maresch.

Tamén conta con Edu Martínez, un dos artífices do ascenso (na cancha) do COB a pasada tempada. Un xogador que está evolucionando no seu xogo e a quen García de Vitoria augúralle un futuro prometedor.

O Ourense provincia termal buscará romper a racha de dúas derrotas consecutivas ante un equipo que está chamado a facer grandes cousas esta tempada. Minimizar os erros e estar máis acertados no tiros libres, chaves para unha posible vitoria ourensá.