A Unión Deportiva Ourense visita este domingo (16:15 h) no Xeixo ao Santa Cruz de Arrabaldo. Equipo que ocupa a quinta posición.

Está será unha nova oportunidade para ver se os homes de Antonio Dacosta son quen de lograr a segunda vitoria da tempada fóra do Couto. Ata a data tan só en Trives lograron os tres puntos en disputa.

A este encontro chegan os locais tras tres xornadas sen gañar (unha derrota e dous empates), mentres que a UD aparace puntuando nos últimos catro encontros (tres vitorias e un empate). O Xeixo é un campo sintético de pequenas dimensións.

Moito se falou esta semana de se Senén marchaba ao Verín pero finalmente continuará na entidade unionista. O lateral esquerdo, xunto aos seus compeñeiros, tentará lograr os tres puntos, vitais, para seguir na carreira por alcanzar os dous primeiros postos. De vencer a UD Ourense lograría adiantar na clasificación ao Santa Cruz, e ademais, lograr os primeiros puntos cun equipos dos da parte alta da táboa.

Outros partidos destacados do grupo 9 da 2ª autonómica son: Covadonga – Amoeiro; Cea – Santa Teresita; Melias – Loñoá e Arnoia – Palmés.

Unai Gómez
Quen non estará neste partido e a nova fichaxe da UD, o dianteiro Unai Gómez. Provén do Verín e non poderá debutar ata decembro por unha lesión nun brazo. Un home con gol para un equipo que busca o ascenso.

Convenio
A UD Ourense e o CD Seixalbo veñen de firmar un convenio de «irmanamento» entre dous equipos que congregan un gran número de simpatizantes. O acordo pretende colaborar, en todo o posible, entre os dous clubs.

UD feminino
A UD Ourens feminina disputa esta fin de semana o partido correspondente a xornada número 12. E o fai no campo do Tyde, equipo que precede na clasificación ás unionistas. Unha vitoria distanciaría ás de Rubén García en oito puntos ao rival desta xornada (aínda que o Tyde tería un partido menos disputado).