300 nenos da comarca elaborarán postais navideñas con mensaxes de afecto que recibirán os maiores dos centros residenciais e os atendidos polo servizo Axuda no Fogar.

Os departamentos de Educación Familiar e Servizos Sociais do Concello de Verín organizan a iniciativa “Postais Solidarias Interxeneracionais”, destinada a achegarlle aos maiores de centros residenciais e os atendidos dende Axuda no Fogar do Concello de Verín postais, con mensaxes de afecto e cariño, deseñados por nenos de diversos centros educativos da comarca.

Na mesma participarán uns 300 alumnos dos cursos de 4º, 5º e 6º de Primariapertencentes aos colexios CEIP Princesa de España, CPR Plurilingüe María Inmaculada, CEIP Amaro Refojo e Colexio Rural Agrupado de Monterrei, que deseñarán e debuxarán as súas propias postais de Nadal.

O principal obxectivo desta iniciativa é concienciar aos menores da existencia de xente maior que non ten a ninguén co que compartir estas datas festivas. Ademais, as postais con ‘maior calor humano’ serán publicitadas na web e no Facebook do Concello e serán enviadas a diferentes institucións

As postais, que serán remitidas aos destinatarios dende Servizos Sociais (Voluntariado, Dependencia e Maiores), poderán entregarse ata o 14 de decembro. Para máis información deben contactar co departamento de Educación Familiar (Casa da Xuventude), no 988 41 47 76 ou no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net.