A Xunta ofrece a súa colaboración para traballar polo desenvolvemento de actividades dirixidas a mulleres do rural.

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu no seu despacho á presidenta da Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), María Isabel Garrido. Este encontro enmárcase dentro da rolda de reunións que Díaz Mouteria está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.

Na xuntanza abordaron diversos temas nos que ambas institucións están implicadas. Así, a delegada territorial ofreceulle á presidenta de FEMURO colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no desenvolvemento de actividades dirixidas as mulleres do rural e na mellora da súa calidade de vida.

FEMURO naceu en 1998 na comarca de Monterrei, cos obxectivos de acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres.