A Unión Deportiva Ourense golea ao Covadonga no Couto (5-0) e colócase a tres puntos do ascenso.

Tardou en chegar o primeiro da tarde pero finalmente chegou coa primeira parte practicamente esgotada. Foi Xaco quen nunha internada pola banda dereita enganou ao porteiro e logrou o 1-0 co pitido final da primeira metade a piques de producirse.

Antes, entre o porteiro visitante -Josi- e a zaga foron quen de manter a raia o ataque unionista. Dúas intervencións de Josi e outras tantas da súa defensa pararon o empuxe local. Julio Salgado marcou un tanto que foi anulado polo colexiado ao decretar fora de xogo.

Na segunda metade os homes de Dacosta continuaron dominando o xogo e con ocasións de gol que non se materializaba. Ata que no minuto 10 da segunda metade Xurxo lograba o 2-0.

Houbo que esperar máis de 15 minutos para que os locais tiveran no bolsillo a vitoria. Cristian Dacosta conseguía o terceiro tanto. Tres minutos máis tarde Brais anotaba o cuarto e redondeaba a goleada Bryan co tempo esgotándose.

Tres puntos que fan recurtar distancias coa zona de ascenso. A UD Ourense mantén a quinta posición pero xa está a un punto do cuarto -Loñoá- a dous do terceiro -Amoeiro- e a tres do segundo -Arnoia-. O primeiro, Santa Teresita, segue a demostrar que é o equipo máis en forma da competición; con 32 puntos está con catro máis que o segundo e sete por enriba da Unión Deportiva Ourense.

{gallery}stories/futbol/20151129_udo_covadonga{/gallery}

Feminino
A UD Ourense de Segunda Galega feminina colleito unha nova vitoria. Nesta ocasión no campo do Velle ante o Cidade de Pontevedra por 9-0. Con esta vitoria as de Rubén García son líderes con 31 puntos, catro máis que o segundo, Vilariño.