Atletismo, fútbol sala, fútbol e baloncesto ocupan a portada do último número do ano da publicación.

No interior do periódico damos conta dos resultados dos ximnastas ourensáns no Mundial de Odense (Dinamarca), da Copa de España júnior obtida por Iván Feijoo en ciclocross ou do resultado do Campionato Provincial de 10 km en pista.

Tamén informamos de como van nas súas respectivas ligas o COB Ourense Cidade Termal, o Ourense Envialia, o Cidade As Burgas, o Sala Ourense, a UD Ourense e o Barbadás, do Campus Ourense Coosur de rugbi, ou do Balonmán Pabillón, entre outros equipos locais.

Os torneos solidarios deste verán e a entrega das becas a deportistas do Consello Municipal de Deportes son outros dos contidos deste número.
Consúltao no seguinte enlace: http://issuu.com/barriosdeportivo/docs/bd_131