Presentación pista de xeo de Verín

Estará ubicada na praza García Barbón do 18 ao 28 de decembro.

Unha das principais atraccións deste Nadal en Verín será a súa pista de xeo sintético, que estará ubicada na praza García Barbón ata o 28 de decembro.
O seu horario de apertura será de 11 a 14 e de 16 a 22 horas, e o prezo da entrada é de 4 euros, que pode reducirse á metade cos descontos por realizar compras nos establecementos da vila.

Ludoteca
Ata o 5 de xaneiro Verín organiza a oitava edición do ‘Ludonadal’, unha ludoteca para nenos de entre 3 e 10 anos, e que busca fomentar o comercio tradicional ao proporcionar actividades para nenos mentras os pais fan as compras de Nadal.

Este servizo (que funciona de luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 horas e estará ubicado no pavillón de deportes) é gratuito para os pais que presenten ticket de compra dalgún establecemento da localidade. Do contrario, poden contratar un bono de 30 euros para todos os días, de 20 euros para todas as mañás ou tardes, de 10 por día individual ou 5 euros por medio día.

O programa do ‘Ludonadal’ inclúe visita do Apalpador (o 24), modelado de barro e arcilla (o 26), realización de postais e contacontos (o 29), maquillaxe infantil (o 30), gran cotillón (o 31), e obradoiros de galletas (o 2 de xaneiro) e de corcho (o 4).

Ademais, Os Bolechas estarán no pavillón o día 3 de xaneiro e o 5 pola tarde os Reis Magos percorrerán a vila na súa tradicional cabalgata.