O Nadal e os resultados das Eleccións Xerais son as imaxes da portada de Ourense por Barrios do mes de decembro.

Neste número a publicación gratuíta informa dos resultados das Eleccións Xerais. Vence o Partido Popular pero lonxe da maioría absoluta. E en Ourense aparece por primeira vez en 25 anos unha terceira forza, que se leva o deputado que perde o PP. No interior da publicación incluímos unha entrevista coa concelleira de Facenda e Comercio, Ana Fernández Morenza, e outra coa presidenta da asociación de veciños As Eiroás, Carmen Pulido.



Tamén recollemos as programacións de Nadal de Ourense e de Barbadás, así como as campañas organizadas polos centros comerciais da cidade durantes estas festas, e iniciativas solidarias propias desta época como a Operación Quilo de Amencer.

Asemade recopilamos as dez noticias máis destacadas en Ourense por Barrios ao longo deste 2015.

As imaxes do mes, a actualidade deportiva ou os artigos dos nosos colaboradores son outros dos contidos deste número.

Podes consultar o periódico no seguinte enlace: http://issuu.com/ourenseporbarrios/docs/201512_ouxb