O base norteamericano Jalen Riley estará esta semana e a que vén a proba no Ourense Provincia Termal.

O base chega a Ourense a proba durante esta semana e a que vén e sen ter a obligatoriedade de ser fichado. Actualmente estaba sen equipo debido a que non tivo oco na NBA DLeague. O técnico do COB, grazas a que a Liga non se disputa esta fin de semana, terá varios días para probar ao xogador e decidir se contan con él ata final de curso.

Riley disputou as últimas tempadas a Primeira División da NCAA (Liga universitaria de Estados Unidos) coa Universidade de East Tennessee State.

As virtudes do xogador son a súa capacidade de anotación e para crearse os seus propios puntos. Ademais destaca pola súa capacidade de penetración e lanzamento exterior. O ano pasado logrou, na NCAA un promedio de 20.3 puntos e ata 2.8 triples anotados por partido.