Nunha xuntanza, o xefe provincial de Tràfico explicoulles as actuacións que leva feito e fará o seu departamento na mellora da seguridade deste vial.

Os representantes da Plataforma pola Seguridade na N-525 reuníronse con David Llorente, xefe provincial de Tráfico, para demandarlle dentro das súas competencias actuacións comprometidas no seu día e pendentes de realización.

A portavoz da Plataforma, Lara María López Castro, indicou que “lle trasladaron as demandas de execucion de  actuacións estructurais pendentes e que se teñen que engadir a recente posta en funcionamento dos novos radares nesta vía”. En concreto, un novo asfaltado drenante, viais de servizo nas zonas industriais, a instalación dunha mediana que separe os carrís de dobre sentido para evitar os impactos fronto-laterais que son os que se cobran numerosas vítimas, e a eliminación dos puntos conflictivos como son o cruce de Rivela, os accesos ao colexio de Cambeo e a incorporación do tráfico pesado na circunvalación de Gustei.

David Llorente explicoulle as características dos novos radares e mostrou a súa colaboración para mellorar o cruce de Rivela, onde é necesario unha alternativa que ben pode pasar por un paso subterráneo ou un cruzamento elevado para os usuarios deste cruce, así como tamén para os clientes ou traballadores dos negocios e naves industriais da zona, e principalmente para os autobuses do colexio de Malvedo, que segundo indica o novo proxecto de asfaltado xa publicado no BOE pretende eliminar o xiro a esquerda.

Tanto a portavoz coma o alcalde de Coles, presente na reunión, manifestaron e propuxeron a busca de alternativas e reclamaron a paralización desa prohibición ata que existan esas alternativas, que a día de hoxe pasarían por ter que percorrer varios kilómetros máis ata a circunvalación de Gustei que tampouco está preparada para os vehículos pesados, moi habituales na carga e descarga desta zona industrial.

López Castro engadiu que «outra das grandes demandas desta Plataforma, como é a mellora nos accesos e saídas do colexio de Cambeo, foron recollidas polo xefe frovincial, comprometéndose a valorar e realizar medidas que garantan a seguridade na zona”.