A primeira vez na historia das Escolas Deportivas de Verín que acontece.

As Escolas Deportivas de Verín logran o ascenso dos seus equipos de Futbol 11 á liga Galega

As Escolas Deportivas do Concello de Verín lograron, por primeira vez na súa historia, o ascenso simultáneo dos seus equipos de Futbol 11 (xuvenil e cadete) á Liga Galega.

O pasado xoves 24 de marzo, o equipo xuvenil das Escolas Deportivas do Concello de Verín conseguiu unha vitoria ante o Ourense C.F (1-2) en Oira. Este último partido,  correspondente á segunda fase da liga xuvenil, outorgou ao equipo verinés o título de campións de liga e o correspondente ascenso  á liga galega o ano que vén.

En canto ao equipo cadete, tamén resultou campión da liga Provincial de Ourense e ascendeu a liga galega cadete gañando o pasado sábado 26 a súa ultimo partido (1-3) contra o Antela C.F.

Pola súa banda, os equipos de Futbol 8 (Prebenxamín, Benxamín A e o Alevín A) tamén lograron o pase para xogar os campionatos galegos nas súas respectivas categorías.

Gerardo Seoane, concelleiro de Deportes  e alcalde de Verín, mostrou a súa total satisfacción polos ascensos e lembrou que “os campionatos galegos xóganos os catro primeiros clasificados da liga de Ourense, os seis primeiros da liga de Vigo e os seis primeiros da liga de Pontevedra; o que quere dicir que os nosos equipos están entre os 16 mellores da zona sur de Galicia”. Seoane tamén quixo destacar que “é a primeira vez na historia das Escolas Deportivas de Verín que conseguimos incluír na  liga Galega a todos os nosos equipos de futbol 11. Se este ano mantemos ao equipo infantil,  lograremos ter a todas as nosas categorías na Liga Galega, algo que non sucedeu nunca en Verín”.