O Pabellón rescatou un punto (1-1) no tempo de prolongación para un máis que merecido empate contra o Ural da Coruña na cita inaugural do Grupo A1 da División de Honra Xuvenil. Na primeira parte os de Cándido Gómez tiveron máis iniciativa co rival, polo menos chegaría máis veces ao área gozando das mellores ocasións […]
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou o traballo de xardinería desenvolvido polo alumnado do obradoiro de emprego xuvenil ‘Manco Xove II’, promovido pola Mancomunidade voluntaria de concellos da comarca de Ourense. A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para o seu desenvolvemento a Xunta inviste máis de […]
Xa se coñecen aos finalistas da Copa de Campións xuvenís que se está a disputar no estadio do Couto de Ourense. O Real Madrid e Málaga veranse as caras na final que terá lugar o sábado a partir das 12 horas. Na primeira semifinal o Málaga -xogaba como local- impúxose ao Celta de Vigo -o […]
Na campaña de verán organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, este ano na provincia de Ourense ofértanse un total de 715 prazas en campamentos para mozos de entre 9 e 17 anos. As instalacións nas que se desenvolverán os campamentos son o centro de educación ambiental […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Unha vintena de mozos participan nos “Obradoiros de ritmo” de Verínmozos, ocio, verán, Verín, xuvenil
Unha vintena de mozos e mozas, divididos en dous grupos, participan nos “Obradoiros de Ritmo”, actividade enmarcada no programa municipal Ocio Xuvenil 2016: iniciativa enfocada a dinamizar o tempo de lecer da mocidade verinesa, organizada polo Concello de Verín coa colaboración dá Deputación de Ourense. O Obradoiro de ritmo, que ten lugar durante os luns […]
A Deputación de Ourense pon en marcha o Plan de Emprego Xuvenil “Empregou”,que beneficiará a máis de 450 mozos desempregados, de entre 16 e 30 anos, en materia de mellora de formación, fomento da contratación e autoemprego. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial […]
A Asociación Xuvenil Amencer vén de presentar os 12 campamentos que ten preparados para que este verán os rapaces ourensáns gocen das súas vacacións. Terán lugar entre finais de xuño e agosto. En primeiro lugar haberá campamentos abertos: “XI Mañás de Verán”, do 27 de xuño ao 14 de xullo, para nenos de 3 a […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en As Escolas Deportivas de Verín logran o ascenso dos seus equipos de Futbol 11 á liga Galegacadete, fútbol, liga galega, Verín, xuvenil
As Escolas Deportivas do Concello de Verín lograron, por primeira vez na súa historia, o ascenso simultáneo dos seus equipos de Futbol 11 (xuvenil e cadete) á Liga Galega. O pasado xoves 24 de marzo, o equipo xuvenil das Escolas Deportivas do Concello de Verín conseguiu unha vitoria ante o Ourense C.F (1-2) en Oira. […]