Ao longo do mes de abril a música chegará a tódolos recunchos do municipio de Barbadás.

A Concellería de Cultura do Concello de Barbadás organiza o ciclo «Acá e Acolá» para achegar as agrupacións musicais do municipio á cidadanía. O ciclo iníciase o 1 de abril ás 18,30 horas na Valenzá, coa actuacón do grupo infantil de metáis na Glorieta da Familia

O sábado 2 de abril na igrexa de Sobrado está programado un recital de piano acompañando ó coro “Voces e Cordas”. A Loiro a música de «Acá e acolá» chegará o domingo 3 de abril despois da misa e actuará a banda infantil de música.

O pobo de Barbadás acollerá o sábado 9 de abril unha actuación do coro da escola de música municipal e da rondalla nova xeración ás 19,00 horas na praza do Museo da Música. Na igrexa da Valenzá o 10 de abril actuará o grupo de corda “Sen contrastes” ás 13,15 horas.

En Piñor a banda de gaitas “Ambaca” actuará o sábado 16 de abril ás seis da tarde. Bentraces acollerá un recital de piano na praza do Pumar o domingo 17 de abril ás 12,45 horas.

O día 23 de abril ás 19,30 a música protagonizada por vecinos e veciñas do municipio chegará á capela das Lamas, coa actuación do grupo de corda “Sen contrastes”. A banda infantil de música estará en Parada o domingo 24 de abril ás 12,00 horas.

E finalmente o colofón do ciclo música «Acá e acolá» será un desfile conxunto das bandas de gaitas e das bandas de música na Valenzá o sábado 30 de abril ás 12,00 horas