A Asociación de Cabaleiros de Barbadás organiza para este domingo día 10 de abril a 12ª edición da xuntanza anual de afecionados ao mundo dos cabalos.

O campo de fútbol da Veringuela (Bentraces, Barbadás) acolle este domingo 10 de abril a 12ª edición da Xuntanza de Cabaleiros.

A xornada iníciase ás 10:30 da mañá con unha saía á ruta que terá un percorrido polo municipio e unha duración aproximada de 2 horas e media. Á metade do itinerario haberá un avituallamento para os participantes.

Segundo a organización do evento está prevista a presencia de 200 cabalos e máis de 300 comensais, procedentes de toda a xeografía galega.

O Concello de Barbadás participa na organización do evento co obxectivo de promover a práctica deportiva vinculada ó ámbito do cabalo. Segundo a organización da xuntanza “Barbadás contaba con pouca relevancia no mundo do cabalo ata a creación desta festa que co paso do tempo foi incorporando aficionados e aumentando o grao de involucración dos veciños de Barbadás”. Dende a organización destacan que a ruta que transcorre polo concello de Barbadás converteuse nunha das máis consolidadas a nivel provincial e autonómico.

A xuntanza rematará con un xantar popular con produtos autóctonos e unha actuación musical.