A Unión Deportiva Ourense está a mobilizar ás súas peñas para que acudan ao partido contra o Arrabaldo no que poden celebrar o ascenso.

A grada chea para celebrar o ascenso

Este domingo a partir das 17:30 horas o estadio do Couto acolle o Unión Deportiva Ourense contra o Arrabaldo. De lograla vitoria o equipo unionista sería equipo de Primeira Rexional o ano que vén; incluso, dependendo doutros resultados, podería ser que se proclamen tamén esta xornada campións de Liga.

Enfonte estará un Arrabaldo que tamén se está a xogar o ascenso. Agora son quintos con 55 puntos a tres do segundo clasificado, o Arnoia. Polo que os de Santa Cruz teñen moito en xogo nesta xornada.

En caso de lograr o ascenso faríase a falta de cinco xornadas para que remate a Liga, algo impensable a comezo de tempada cando o equipo comezou moi titubeante perdendo contra os rivais directos para o ascenso.

Bancadas
Desde a directiva da Unión fan un chamamento para que os afeccionados enchan as gradas do Couto. Por iso están a mobilizar ás peñas para que acudan a este partido trascendental para a entidade.

Polo pronto os equipos de base de ambos os dous clubs estarán presentes no partido; iso fai que uns 400 rapaces estean na grada do estadio.