A Secretaría Xeral para o deportes asina en Ourense seis convenios do plan de patrocinio dos equipos galegos de alta competición.

125.000 euros para os equipos ourensáns de elite

A Fundación Deporte Galego -Abanca como o seu patrocinador oficial- destina 125.066,06 euros para os seis clubs de elite que hai en Ourense. A cifra en Galicia ascende a 2.420.000 euros para 132 equipos galegos.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado Morales e polo director de zona de Ourense centro de Abanca, Carlos Díez Campo, formalizaron os seis convenios correspondentes aos equipos de Ourense e a súa área de influencia.

Equipos
Os equipos ourensáns e a contía que reciben son:
Club Ourense Baloncesto S.A.D., 41.765,46 euros; Pabellón Ourense C.F., 9.173,63 euros; Ourense C.F. S.A.D. -equipo xuvenil-, 6.974,90 euros; Ourense C.F. S.A.D. -equipo fútbol sala feminino- 35.344,80 euros; Cidade das Burgas, 27.932,54 euros e o Club Halterofilia Pabellón, 3.874,73 euros.