O Concello deberá volver taxar dúas fincas expropiadas para a construción de La Molinera

O Concello de Ourense deberá volver taxar dúas parcelas expropiadas para construir o Centro de Coñecemento La Molinera.  O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza na que estima o recurso de cinco particulares contra o acordo do xurado de expropiación de Galicia que fixou o xustiprezo de dúas parcelas que o Concello obtivo para a construción do Centro de Coñecemento la Molinera.

A sentenza anula o acordo na medida en que o proxecto expropiatorio estaba vencellado ás previsións urbanísticas do Plan Xeral de ordenación Municipal de Ourense aprobado en 2003, que foi anulado por sentenza xudicial firme.

Así, a resolución do TSXG condéalle o Concello, como administración que realizou a expropiación, a “restituír os bens e dereitos expropiados incoando o procedemento administrativo axeitado a tal fin e, se a restitución resultase imposible, a que se volva realizar unha taxación actualizada” das fincas.

Como queira que a restitución da finca é imposible, xa que os terreos foron obxecto de construción do Centro de Coñecemento La Molinera, o Concello procederá a cumplir a sentenza realizando unha taxación actualizada.

En calquera caso, e malia que a sentenza anula o xustiprezo fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia, di que “non apreciamos erro interpretativo algún nas pautas de valoración” aplicadas e que “en todo caso, o xustiprezo que puidese corresponder por unha nova taxación tería que fundamentarse nuns criterios moi parecidos”

A sentenza é firme e contra ela só se poderá interpoñer recurso de casación en interese de lei.