A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco celebra o compromiso do alcalde de promulgar un bando á veciñanza, tras a reunión coa comisión veciñal.

Satisfacción do PSOE pola volta ao servizo municipal do velatorio de Maceda

A comisión veciñal rexistra máis de 800 sinaturas no Concello, recollidas para a reposición do servizo municipal do velatorio de Maceda. Da mesma forman parte dous membros da agrupación socialista: a concelleira e José González Carballo.

A continuación, na entrevista, o alcalde adquire o compromiso de comunicar á veciñanza nun Bando a volta ao servizo municipal, polo que deixa de estar xestionado pola empresa coa que se asinou o contrato e comezará o acondicionamento do outro local colindante.

“Satisfacción da reversión, xa que a veciñanza sentiamos e considerabamos que nos quitaban un servizo público de moitos anos” -declara a concelleira- reversión que pediamos cunha moción, por certo, no último pleno”.