As instalacións deportivativas da Moreira o sábado 7 de maio a I Copa Galega de Fútbol Gaélico.

I Copa Galega de Fútbol Gaélico

En xornada continua dende as 10h ata as 20h xogaranse máis de trinta partidos entre os 16 equipos participantes, 9 masculinos e 7 femininos.

María Álvarez, presidenta do club Auriense Fútbol Gaélico expresaba a súa satisfacción de que Xinzo acollera este evento e ao seu club como organizador, «ademais de sernos de axuda económica sirve para dar a coñecer e visibilizar este deporte na provincia de Ourense».

Álvarez explicou o positivo que pode ser traer á vila limiá este torneo: «supón o desprazamento durante esta fin de semana de máis de 300 persoas, repartidas entre os 9 equipos masculinos e os 7 femininos que competirán o sábado» o que «pode beneficiar á economía local» como pode ser «a celebración do terceiro tempo» que terá lugar «no Hotel Xinzo».

Ademais para a presidenta do club, o feito de levalo a Xinzo supón «que xente allea a él poida achegarse a ver os partidos e coñecelo de cerca», xa que o Auriense Fútbol Gaélico adestra na capital e non hai ningun club deste deporte no resto da provincia.