O Pazo acolleu unha velada a favor do 13 campión do Mundo de full contact.

O pasado sábado 7 de maio o Pazo Paco Paz convertiuse no lugar onde o 13 campión do Mundo de full contact, Simón González, recibía a homenaxe que Ourense lle debía. Unhas 400 persoas non xe quixeron perder esta homenaxe a todo un campión.

Simón González subiu ao cuadrilátero para recibir o cariño dos presentes. Xunto a el estiveron o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez e o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa. Todos eles dixeron boas palabras dun deportista que está a atravesar un difícil momento desde que quedou postrado nunha cadeira de rodas por culpa dun accidente doméstico.
Todos coincidiron no espíritu de superación do excampión e que nesta nova, e diferente batalla ca dos rings, a loitará e vencerá.

Velada
En canto á velada foron seis os combates entre boxeo, full contact e kick boxing que se disputaron no ring montado no Pazo.
Tamén houbo exhibicións de ximnasia acrobática e dobre minitramp a cargo de ximnastas do Burgas – Pontevedra e do Club Ximnasia Pavillón Ourense, quen ademais de ximnastas cedeu o material de DMT.
Tamén actuou o grupo R.D.K. & Cía e realizouse unha kata musical de tai shin do kenpo.