O evento celebrarase no Teatro Principal, ás 12 do mediodía

A gala da perruquería presentará este domingo os últimos avances no sector

A presidenta da Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense, Beatriz Gómez, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, presentaron este mércores a gala “Pasión por el cabello”, que organizan ambas entidades. Este evento, que se celebrará o domingo, 15 de maio, no Teatro Principal, ten como obxectivo dar a coñecer os últimos avances neste sector e contará coa presenza de Gonzalo Zarauza, un dos mellores perruqueiros de España e autor de libros e material didáctico no ámbito dos peiteados e a beleza. O show de Zarauza constará de catro demostracións de maquillaxe corporal, traballs de fantasía, desfile de noiva e festa.

Beatriz Gómez informou que no transcurso do acto está prevista unha homenaxe aos profesionais da perruquería xa xubilados.

Rosendo Fernández destacou o papel de cooperación que exerce o ente provincial naqueles eventos que son importantes para a provincia, e dixo ao respecto desta actividade que hai uns meses se celebrou o 135 aniversario de “Pasión por el cabello” en Berlín, e agora traémola a Ourense. Trátase dunha gran iniciativa dos perruqueiros, recompensada xa no ámbito galego e cun referente da profesión Gonzalo Zarauza”.

Pola súa banda, Beatriz Gómez afirmou que esta gala “é unha iniciativa que ten unha gran acollida no ámbito profesional da perruquería e a estética en toda Galicia, moito máis este ano coa presenza de Gonzalo Zarauza”. De feito, fai días que as entradas para a gala están esgotadas.