O municipio da Veiga acollerá no vindeiro mes de xullo un curso para formar a guías turísticos sobre a riqueza natural de Galicia.

A Veiga acolle un curso para formar a guías turísticos sobre a riqueza natural de Galicia

O evento ten como obxectivo formar a informadores de oficinas de turismo e guías en aqueles aspectos máis salientables para os visitantes, relativos ás singularidades que ten a riqueza natural de Galicia, e sinaladamente nesta edición, as montañas de Trevinca.

Coa denominación de “VII Curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías”, a actividade formativa celebrarase no Concello da Veiga do 11 ao 15 de xullo, a cargo do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR). O curso ten unha duración de 50 horas lectivas (35 teóricas e 15 prácticas) e está homologado pola Xunta de Galicia. Os interesados en participar teñen de prazo ata o 30 de xuño para inscribirse, e o prezo do curso é de 195 euros.