A pasada fin de semana o Club Natación Pabellón Ourense estivo presente en dúas citas.

O CNPO en Lugo e Redondela

Por unha banda 23 nadadores (alevíns e benxamíns) desprazáronse ata a capital lucense para participar no XXVI Trofeo Cidade de Lugo. Todos rebaixaron as súas mellores marcar persoais, sobre todo nas probas de 50 metros. Dstacado foi o cuarto posto de Anxo Vigo en 50 costas.

Redondela
E en Redondela celebrabase o II Trofeo Marisma no que participaron 27 nadadores que obtiveron un total de nove medallas.
Berto Taboada, en 100 braza absoluto e Santiago Gutiérrez, en 100 libres alevín, colgáronse o ouro. Os dous tamén levaríanse a prata, en 100 costas absoluto (Berto) e en 100 bolboreta alevín (Santiago), fixéronse coa prata. E os bronces foron para José Moure, en 100 bolboreta absoluto; Eva Feijoo, en 100 libres (Primera mínima para o Campinato de España alevín); Juan R. García, en 100 braza, alevín; Uxía Campos, en 50 braza benxamín e Anne Villa, en 100 costas alevín.