Publicado o número do mes de maio da publicación Barrios

A inauguración do Festival de Xardíns de Allariz e a celebración de Raigame en Vilanova dos Infantes son as imaxes da portada da publicación gratuíta, que recolle o máis destacado do mes da actualidade de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.

No interior da publicación, informamos da aprobación dos primeiros orzamentos do bipartito de Verín, de que o Parlamento galego vai instar á Xunta a que avalíe os danos das choivas na comarca da Limia, e de que a Praza de Abastos de Celanova vaise incluír nun estudo de modernización por parte do Ministerio de Economía.

Neste número entrevistamos a Delfín Caseiro, membro do Padroado do Museo da Limia, que este mes cumpre 20 anos na súa actual ubicación, e a Juan Hervella-Rego, autor da curtametraxe «Share o no share» que se estreará no Festival de Cans.

Amáis, informamos da Xornada de Portas Abertas na DO Monterrei e da Festa do Boi de Allariz. Un especial Saúde, a actualidade deportiva e cultural e os artigos dos nosos colaboradores completan a información deste número, que pode verse completo neste enlace.