Dende a Deputación aseguran que o voceiro socialista debe 237.000 euros por este servizo como alcalde de Ribadavia.

O voceiro socialista na Deputación, Ignacio Gómez, manifesta que J. M. Baltar prepara un gran “pelotazo” coa privatización dos servizos municipais de recollida de lixo.

O deputado socialista manifesta que o seu grupo está de acordo en crear un potente servizo público de recollida de residuos e potenciar ese servizo con inversións, pero recorda que este é un servizo municipal que financian os concellos coa taxa que pagan os veciños.

“Estamos de acordo en potenciar este servizo agrupando os concellos de forma que consigamos un mellor servizo a un custe menor e cremos que o funcionamento actual conta coa satisfacción dos concellos, dos responsables do servizo e traballadores”, aseguran. Por elo, non entenden “a operación que está montando Baltar para gastar unhas inversións que pagan os municipios, comprando maquinaria, para preparar un gran negocio para algunha empresa amiga”, denuncian.

 

O PP responde

“Unha vez máis, o portavoz socialista demostrou a súa ignorancia, cando non mala fe, sobre o funcionamento dos servizos que a Deputación presta aos concellos ao acusar o goberno provincial de querer facer negocio coa recollida de lixo”, afirma o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, en resposta ás críticas do socialista.

Para Pérez, o socialista “usa e abusa de novo da demagoxia e exerce unha vez máis como mentirán oficial ao criticar o investimento realizado pola Deputación para renovar a frota de camións deste servizo”. Sobre todo cando o Convenio Marco, ao que están adheridos 50 concellos, “xa inclúe un apartado específico para a amortización dos vehículos”.

“Unha vez que cumpren os anos de amortización -explica Pérez- cesan na súa actividade e son dados de baixa, procedéndose á renovación da frota afectada”. De feito, a compra dos vehículos presentados este xoves “xa estaba presupostada o pasado ano, exercicio no que non se puido proceder á súa compra”.

O popular subliña o grao de atrevemento do representante da oposición socialista ao pretender arrogarse o título de defensor dos concellos adheridos a este servizo e do custo que financian, “cando exerce de moroso mantendo a recollida do concello do que é alcalde, Ribadavia, a conta dos outros concellos pois ten unha débeda coa Diputación por este concepto de 237.000 euros do ano 2015”.