É unha actividade gratuíta que terá lugar o martes a partir das 16:30 horas.

O vindeiro 24 de maio, de 16:30 a 20:30 horas, impartirase no Salón de Actos da Casa da Cultura o  obradoiro “Sinais de alarma nos trastornos do comportamento alimentario”, unha charla-taller sobre os trastornos na alimentación, organizado pola Escola Galega de Saúde en colaboración co departamento servizos sociais do Concello   de Verín (Inclusión Social, poboación inmigrante de Verín).

Na charla,  cuxos principais obxectivos son concienciar da importancia da prevención de trastornos alimentarios e a adquisición de conceptos básicos sobre trastornos alimentarios e as súas manifestacións, abordaranse os seguintes temas: ¿Que son os trastornos da alimentación?, Sinais de alarma, Anorexia e Bulimia nerviosa, Como detectalos, Prevención: actuacións, recurso onde acudir.

Esta actividade é de carácter gratuíto e está destinada a pacientes, os pais e nais e á cidadanía en xeral. O curso é de entrada libre e de carácter gratuíto. Os interesados en recibir o certificado de asistencia deberán inscribirse previamente, o que se poderá facer ata o xoves, 23 deste mes, tamén no departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, mediante o cuestionario de inscrición na ligazón http://ow.ly/gett300oSFf  ou no teléfono 988414776.