Os de Roberto Oliveira xogarán por unha praza o ano que vén na división de prata.

O Barrocás accede á fase final de ascenso

O Club Hockey Barrocás logra pasar á fase final de ascenso á División de Honra B, despois de disputar á sefimifinal na casa.
Os pupilos de Roberto Oliveira xogaron como anfitrións na antesala da última rolda para o ascenso. Catro equipo que xogaron todos contra todos durante a pasada fin de semana e os dous primeiros serían os que se clasificaban.

O Barrocás xogaba na primeira xornada contra o San Fernando de Cadiz, o rival máis forte. Os ourensáns lograron un empate a un tanto cando tiñan encarrilado o encontro. A dous minutos do final, os andaluces empatarían o partido.
Na segunda xornada tocaba o San Vicente que viña de gañar aos vascos do Kale Lagunak na primeira xornada. Empate a tres cun Barrocás adiantándose por tres ocasións e un San Vicente anulando a vantaxe ourensá.
Así chegábase á última xornada, cos barrocos dependendo de si mesmos para pasar de fase. Nesta xornada esperaban os vascos do Kale Lagunak. Un 5-3 inapelable e os laranxas que disputarán a fase final de ascenso os días 4 e 5 de xuño.

Fase final
Xunto ao Barrocás estarán na fase final o outro equipo clasificado en Ourense, o San Fernando e os dous clasificados na fase disputada en Terrassa: o Linia 22 catalán e o SPV madrileño.
Os partidos entre os dous equipos que veñen do mesmo sector non xogarán nesta fase final, e ademais arrastran os puntos acadados no partido disputado entre eles. Deste xeito tanto Barrocás coma San Fernando chegan a esta fase cun punto cada un deles. Da outra parte o Linia 22 accede con dous puntos e o SPV, con 0.

E probable que a fase final se dispute en Cadiz, co San Fernando de anfitrión. Roberto Oliveira, mostraba a súa satifacción en caso de que resultara finalmente acpetada esa opción. «Teríamos un punto contra os anfitrións sen ter que xogar contra eles na súa casa», valoraba o técnico a posible sede gaditana.