Os votos de DO, PSOE e OueC rexeitan a axuda de 1.500.000 de euros ao Club Ourense Baloncesto.

17 votos en contra tumban a subvención nominativa ao COB

Os 10 votos a favor do Partido Popular non foron suficientes para que prosperara a modificación de crédito para subvencionar ao COB de cara a entrar na Liga Endesa.

O edil de deportes popular, Mario Guede, esgrimiu que o playoff de ascenso do ano pasado fixo que toda a provincia unírase en torno ao baloncesto, que o estudio da Universidade de Vigo di que o retorno económico para a cidade por estar na ACB cuantifícase en millóns de euros desde o primeiro ano, e que teñen que axudar ao club por ser propietarios do mesmo.

O portavoz de Ourense en Común, Martiño Vázquez, defendeu a postura do seu grupo dicindo que hai outras prioridades na cidade que axudar con esa contía a unha empresa privada. Ademais cuestionou o estudio económico e pediu que se venderan as accións do Concello, conta con arredor do 21 % das accións, para non ter que volver a atoparse con este problema no futuro.

José A. Vázquez Barquero, polos socialistas, insistiu en que o goberno municipal debería aportar 607.000 euros que é o que lle correspondería contribuir pola parte proporcional que ten no accionariado.

Democracia Ourensana, en boca de Gonzalo Jácome, recordou que o club xa estivera na ACB durante varios anos, anos nos que a provincia seguiu perdendo poboación, en alusión ao retorno económico que prevé o estudo da Universidade de Vigo. Tamén considerou ao alcalde, o presidente da Xunta de Galicia (Núñez Feijoo) e a Abanca coma «uns judas». Criticou a Jesús Vázquez por non ter forza para pedir a Feijoo que presione a entidade financieira neste caso.