A UD Ourense xoga este sábado -17 horas O Couto- a final da Copa Deputación B diante do Paderne.

A Copa para pechar o círculo

A entrada para este encontro será de cinco euros. Para os da Unión está a venda por 10 euros a entrada e unha camiseta conmemorativa deste encontro e do que disputará o equipo feminino diante do Rúa (final da Copa Deputación feminina); este encontro terá lugar o domingo ás 16,45 horas no Couto.

Este partido será o último da tempada e posiblemente a última oportunidade para que a Unión Deportiva Ourense se poida alzar con este título.

Os unionistas pechan o primeiro círculo da súa curta historia na que tivo que peregrinar polos campos de Terceira e Segunda Rexional antes de ascender a Primeira. En caso de acadar a Copa sería por a guinda a estos dous primeiros anos, quizáis os máis complicados do club no que os éxitos deportivos estiveron acompañados polo apoio incondicional da masa social.

Hugo García
O club presentou a terceira nova cara para a próxima tempada. Trátase do dianteiro centro, Hugo García. O xogador militou nas catro últimas campañas no Barbadás; anteriormentes estivo nas categorías inferiores do Real Madrid, Depor B, Valladolid e Castellón.

García promete aportar como un máis neste novo proxecto e non elude a responsabilidade do equipo para o vindeiro curso que non é outro que «o ascenso de categoría».