A Asociación Veciñal As Termas situada na Urbanización de Vivendas Sociais da Estación de Autobuses rexistrou este luns de novo a petición de desbroce e desratización dos accesos dende a Rúa D na Estación de Autobuses ata a zona termal do Tinteiro e a tan usada «pista roxa».
Esta petición xa foi rexistrada fai un mes e non hai día que os veciños non se nos queixen polo abandono da zona,da presenza de ratas aseguran dende o colectivo veciñal, por iso este segundo escrito no que urxen a intervención na zona.
O malestar das veciñas e veciños que usan o camiño para acceder a zona termal e a “pista roxa” é tal que algún botou xa man de fouce para intentar abrir paso e que se poida transitar por el.
A esta reclamación súmanse as xa realizadas nos tres últimos anos e nas que dende a Asociación Veciñal se solicitaban o arranxo do firme do camiño e instalación de puntos de luz sen que polo momento estas peticións foran atendidas.