No número 141 do Barrios Deportivo sacamos en portada o Rali de Ourense, a UD Ourense e o Club Ourense Baloncesto.

Barrios Deportivo 141

En canto ao rali serán os días 17 e 18 deste mes cando se dispute a 49ª edición do Ourense Termal. A Unión Deportiva Ourense logrou pechar a primeira fase da súa historia con nota; os dous últimos partidos desta tempada saldáronse cos títulos da Copa Deputación en categoría masculina e feminina.

No que respecta ao COB son días de moito axetreo despois de que durante case un ano non lograran o crédito cercano aos 2 millóns de euros para ser equipo da Liga Endesa no próximo curso.

A piscina Rosario Dueñas e un foco deportivo nestas datas. Celebrouse a Copa de Galicia de waterpolo (con triunfo de Pontevedra) e disputarase o XLVIII Trofeo Pedro Escudero.

Nas páxinas centrais traemos o calendario da Eurocopa de Francia 2016. E seguindo co fútbol facemos un repaso dos movementos dos equipos ourensáns en Terceira División e Rexional Preferente.

En canto ao atletismo son moitas as probas que se disputan estos días. Unha xa celebrada foi o Ourense Termal Athletics Meeting cun gran cartel de participación.

Artes marciais, xadrez, ximnasia, ciclismo e moito máis no número 141 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o  periódico pincha neste enlace. Pincha