O club presentou a escola de iniciación ao fútbol e o seu segundo campus.

Lucas Sierra, cuarto reforzo para a UDO

A UD Ourense contarán cun novo porteiro. Lucas Sierra pelexará con Samuel Vázquez pola titularidade na portaría unionista. Sierra provén do Sporting Celanova, tamén xogou no Ourense e no Valladolid B. Chega con moita ilusión e ten claro que quere levar á Unión Deportiva Ourense «ao lugar que lle corresponde».
Con Lucas Sierra xa son cinco as incorporacións para o curso que vén. Ademais do porteiro foron presentados Fran Martínez, Alex Ocampo e Hugo García; a Toni tócalle a semana que vén. Tres máis son as fichaxes que pretende facer Antonio Dacosta para dar por pechada a plantilla 2016-17.

Escola de iniciación e campus
Noutra serie de cousas a Unión presentou a escola de iniciación e o segundo campus.
En canto a escola de iniciación ao fútbol, o que se pretende e realizar unha nova iniciativa, nesta ocasión cos máis pequenos. Con esta escola, para rapaces de catro a seis anos, buscan algo máis aló do mero adestramento deportivo; tentarán dar valores aos cativos por medio do fútbol. Ademais, ao ser rapaces de moi tempera idade, queren que adquiran patróns motrices elementais (salto, carreira, xiro, golpeo, etc.).
O club contará con monitores cualificados para levar a cabo esta escola. O lugar onde se realizará a actividade será no pavillón da comisaría da policía nacional (As Lagoas), e non se descarta ampliala a centros educativos cos que xa se está a falar.

Tamén se presentou o II Campus UD Ourense que terá lugar no estadio Miguel Ángel (Os Remedios) do 4 ao 8 de xullo. Esta destinado para rapaces e rapazas de 4 a 14 anos -en horario de 10 a 13 horas- e contará con Antonio Dacosta, Ramón Dacosta e Fernando Currás como monitores. As inscricións xa están abertas no club.
O prezo é de 70 euros e haberá descontos para os xogadores da base do club e para fillos de socios da entidade. Polo campus pasaranse xogadores que militaron en Club Deportivo Ourense como Noguerol, Pato, Portela, Óscar Martínez ou Yosu.