Xa se coñece a lista de baixas para o vindeiro curso. Héctor, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Fran Álvarez, Julio Salgado, Valderas, Roberto Almeida e Roberto Dacosta, que estiveron desde o principio din adeus.

Algúns estiveron desde o principio, outros incorporáronse este ano, pero o certo é que todos eles fixeron medrar á UD Ourense cando máis o necesitaba, nos primeiros anos, nos máis duros. Seguro que todos poderían seguir dando o mellor de si ao equipo, pero os cambios son inevitables e as baixas teñen que producirse.

Os que estiveron no Couto aquel verán de 2014 e que non seguirán son: Héctor, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Fran Álvarez, Julio Salgado, Valderas, Roberto Almeida e Roberto Dacosta. Dos que aterrizaron este ano non continuarán: Tito Currás, Jorge e Brais.

Algúns xa o tiñan meditado, outros non lles cae de sorpresa e aos menos gustaríalles seguir aínda que hai que ser conscientes de que mudar é preciso e esa decisición é do adestrador aínda que poda doer.
O que non terán dúbida é que fixeron posible un soño. Para todos eles chega o momento do recoñecemento.

Xogaran máis ou menos apostaron por un embrión que alimentaron e fixeron grande e forte. Deles é o mérito de ser os primeiros, para eles o agradecemento de toda a bancada unionista e o orgullo de facer medrar un proxecto que ilusiona  por ser o legado de Club Deportivo Ourense.