As terrazas deberán deixar un paso para peóns dun mínimo de 1,60 metros.

Entrou en vigor a nova ordenanza municipal de instalación de terrazas e veladores do Concello de Barbadás. N

A nova normativa está composta por 31 artigos e 7 capítulos. Nela indícase que ass instalacións deberán gardar unha distancia mínima de 1,5 metros da fronte de pasos de peóns, paradas de autobuses, cabeceira de aparcadoiro de taxis e colectores de lixo.

As terrazas deben garantir un paso peonil mínimo de 1 metro con 60 centímetros como mínimo de anchura, e cando a beirarrúa teña un ancho de seis metros debe quedar garantido un paso peonil de 2 metros.

Non poderá obstaculizarse o acceso á calzada dende os portais dos edificios, locais e vivendas  nin dificultar os accesos de entradas e saídas de pasos permanentes. Cando as terrazas se coloquen excepcionalmente pegadas á fachada deberán deixar polo menos 50 centímetros dende a soleira das portas.

Na nova ordenanza aumenta o número de infraccións tanto graves, moi graves e leves.