Para a realización das obras será necesario pechar o tráfico o vial por tramos.

A Xunta de Galicia iniciou as obras de rehabilitación do firme no carril esquerdo da estrada que une Ourense coa fronteira de Portugal  (OU-540), ao seu paso polo Concello de Barbadás.

A actuación centrarase no acondicionamento do pavimento no tramo comprendido entre o PK 4+600 e o 7+900, á saída da localidade de Bentraces. As obras consistirán no fresado e execución dunha nova capa de rodadura no carril esquerdo, sentido Ourense.

Estes traballos, que se levarán a cabo entre esta semana e a próxima, teñen como obxectivo a mellora desta vía, para acadar unha condución máis cómoda e segura.

Para a realización destas actuacións será necesario pechar o tráfico no citado carril por treitos, permitindo a circulación alternativa polo carril dereito.